inicio Únete a Meniños
QUEN SOMOS
QUE FACEMOS
ONDE ESTAMOS
COMO COLABORAR
socios e socias
voluntarios e voluntarias
familias acolledoras
FINANCIADORES E COLABORADORES
ENLACES DE INTERESE

colabora
mundodemilu.org
adopciones
acogimientos colabora campaña acogimientos

O servizo de Intervención Familiar en Galicia préstase baixo os controis establecidos por un Sistema de Xestión de Calidade aprobado por Buerau Veritas Certification conforme con ISO 9001. Certificado Bureau Veritas Certification ESO18165. colabora campaña acogimientos

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMO COLABORAR | familias acolledoras

 

 

Que é o acollemento familiar?
É unha medida de protección pola que se outorga a garda dun neno, nena ou adolescente a unha persoa ou familia, procurando un núcleo de convivencia familiar adecuado de forma temporal ou permanente.

Que tipos de acollementos traballamos?
Acollemento Temporal (Familias Paraguas) Acollementos ou adopcións de nenos ou nenas con necesidades especiais (Se buscan abrazos)

Que é o acollemento ou adopción especial?
Búscanse familias para aqueles nenos e adolescentes que, estando en situación legal de ser acollidos ou adoptados, poden ver dificultado o seu acollemento ou adopción por
por ter máis de 8 anos, porque son varios irmáns ou irmás en determinadas circunstancias, porque padecen algunha enfermidade crónica ou discapacidade física ou psicolóxica, ou requiren unha especial adicación por parte da familia que os acolla.

Cal é o custe económico do acollemento ou adopción?
Todos os acollementos e adopcións son gratuítos.

Quen pode ser familia acolledora ou adoptiva?
- Maiores de 25 anos, que teñan medios de vida estables e suficientes.
- Persoas soas, familias monoparentais, matrimonios ou parellas de feito, con ou sen fillos ou fillas.Os matrimonios ou parellas de feito deben acreditar unha convivencia mínima de dous ou tres anos, dependendo dos casos.
- Cunha contorna de relacións ampla e favorable á integración do neno, nena ou adolescente.
- Que amosen respecto pola historia persoal do neno, nena ou adolescente, coa aceptación das súas características particulares.
- Flexibles nas súas actividades e con adaptabilidade ás situacións novas.
- Estado de saúde físico e psicolóxico adecuado para atender a un neno ou nana.
- Actitude positiva para permitir a actuación do persoal técnico durante o tempo que dure o seguimento.

Pode reclamar a familia de orixe os seus fillos ou fillas?
No acollemento, si. Na adopción, unha vez constituída, esta é irrevocable.

Se teño un neno ou nena en acollemento, poderei adoptalo?
Só poderá realizarse a adopción en caso de formalizar un acollemento preadoptivo

 


 

 

Formas de apoiar ás familias
- Apoio técnico: os profesionais manteñen encontros periódicos coas familias e o neno ou nena, co fin de coñecer a evolución das mesmas.
- Grupos de autoaxuda: brindando un espazo de reflexión e intercambio de experiencias xunto a outras familias acolledoras.
- Diversas prestacións sociais e apoios económicos coma o permiso de maternidade en caso de acollida ou adopción.

Que é a adopción?
É unha medida de protección á infancia e á adolescencia que proporciona un fogar permanente a nenos e nenas que se encontran en situación de abandono e lles permite integrarse plenamente nunha familia na que non naceron.

Cal é a duración do proceso de tramitación do acollemento ou adopción?
A consecución do informe de idoneidade soe durar uns 4 meses. O que varía é o tempo de espera para acoller ou adoptar. A espera depende das características familiares e do seu ofrecemento concreto. A misión de Meniños é encontrar a mellor familia para cada neno e nena.

Que ofrece Meniños nestes procesos?
Formación mediante cursos, apoio e acompañamento ás familias dispostas a acoller ou adoptar durante todo o proceso anterior e posterior do acollemento ou adopción.

Meniños promove tamén encontros entre as familias acolledoras ou adoptivas, así como o asociacionismo entre elas.

De onde proceden os nenos, nenas e adolescentes en proceso de acollemento ou adopción?
Das Comunidades Autónomos onde traballa Meniños neste ámbito: Madrid e Asturias. Excepcionalmente, doutras comunidades.

Que idades teñen os menores?
Calquera persoa menor de 18 anos pode ser acollida ou adoptada.

 

 

plan estratexico

Auditoría



Facendo Familias

Tarxeta Solidaria