En que consiste
Conta cos teus! traballa o dereito dos nenos a vivir en familia.
Este foi o dereito escollido polos nenos participantes na Campaña “Eu
conto!” como o máis importante e necesitado de protección. As
diferentes actividades propoñen un achegamento á imaxe previa
que os nenos teñen da familia, adentrándonos despois nos elementos
constituíntes da mesma, na diversidade dos modelos familiares, e na
situación dos nenos que non teñen cuberto ese dereito, mediante
a Historia de Milu.
Material educativo
O material educativo no que se basea a campaña é unha
guía para educadores e un caderno de actividades para os nenos, en
tres niveis: 3º ciclo de primaria (cadernos azuis), 1º e 2º ciclos
de primaria (cadernos verdes), e infantil (cadernos rosas)..
desgarga o material educativo
Resultados
Nesta campaña participaron un total de 4.492 nenos pertencentes
a 69 colexios e entidades de tempo libre, co apoio de 198 educadores.
Moitos deles reflectiron as súas conclusións nos traballos
que formaron o “tendal” da exposición “O patio da nosa casa”,
dos que podedes ver unha mostra nesta web.


