cabeceira da parte de educadores web da fundacion meniņos
inicio | presentación | as nosas propostas educativas | noticias | publicacións e enlaces | buzón de suxestións | contacto

-Para a Educación Especial, "Facendo familias" só nos serviu coma elemento básico para ter coñecementos máis amplos do concepto "familia" ampliado.

-Ás familias non lles gusta que se lles pregunte.

-Para a marcha do noso colexio o máis adecuado é non limitalo a unha data fixa, tendo a posibilidade de adaptalo a distintos momentos do ano segundo os horarios e as campañas que realizamos dende o noso centro.

-Este ano foi máis fácil introducir o traballo na aula, tanto polo tipo de actividades coma o xeito de abordar o tema da familia. O ano pasado foinos máis difícil introducir o tema na aula polo xeito no que se planteaba.

-As actividades de "Facendo familias" quizais sexan un pouco elevadas para rapazas e rapaces de 1º ciclo (6 e 7 anos). Habería que introducir o tema na aula polo xeito no que se planteaba.

-Penso que se pode mellorar moito no deseño; de todos os xeitos, os materiais entregados ao profesorado son magníficos.

-A cor gris das fichas escurece un pouco as copias.

-O problema (da proposta "Facendo familias" é a falta de tempo pola amplitude do currículum. Ademais, xa se trata nos Temas Tranversais.

-As "actividades para casa" poden crear suspicacias nas familias e desilusión nos nenos que non conten con axuda.

-O xogo non é adecuado para 1º de EP.

-O que menos fai falta para levar este tema ás aulas son fichas para encher e cubrir, le e contesta. Deste tipo de traballos os rapaces están saturados. Fan falta propostas creativas e de elaboración activa para os nenos. O obxectivo reflexionar, pensar, facer...

-Algunha actividade non vén ben explicada. Ás veces, sería conveniente que se puxeran exemplos para dar pistas e comprender mellor.




 

 

castellano | galego
Meniños Fundación para a Infancia | 902 220 707