
Paralelamente, abrimos este espazo para os maiores que estades en contacto cotiá con eles e que levades a cabo labores educativos, ben dende o voso papel de nais, pais..., ou dende o exercicio de profesións como profesores, monitores de tempo libre, etc.
Aquí ides atopar o seguinte:
* As distintas propostas educativas elaboradas por Meniños,
cunha explicación das mesmas, así como os arquivos dos materiais didácticos.
*
Unha sección de noticias,
nas que ofreceremos unha pequena aproximación a algúns dos feitos relevantes da actualidade relacionados co mundo educativo,
a infancia e a familia, os seus dereitos, etc.
*
Unha selección de publicacións
e ligazóns, na
que atoparedes referencias e materiais de interese para o voso
labor.
*
Un buzón de suxestións, para recoller as vosas
propostas e opinións, e poder compartilas coas demais persoas
que visiten a páxina.
*
Os nosos enderezos e teléfonos, para
facilitar o contacto con
nós.
Agardamos que MUNDO DE MILU sexa
tamén o voso mundo.
Este proxecto é posible grazas a:

![]()
O Mundo de Milu, premio da Fundación Bip Bip ao mellor espazo web
dunha ONG en 2007.

