inicio | presentación | propostas educativas | descarga de materiais | noticias | publicacións e enlaces | ocio | buzón | contacto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OCIO EN FAMILIA

Asturias.

Fin de inverno e inicio de primavera. Calquera época do ano é boa para visitar Asturias, pero nestes momentos, é posible atopar de todo: dende cumios nevados, ata paseos polas praias ao sol, xunto con montes e campos empezando a verdecer.

E Asturias préstase especialmente para viaxar en familia: pola súa ampla oferta de equipamentos e actividades, pola súa tranquilidade e accesibilidade… Imos propoñer algunhas opcións:

Oviedo e Xixón, as cidades: Sen desmerecer Avilés e o seu casco antigo, Oviedo e Xixón xustifican unha viaxe. As súas zonas históricas, a súa contorna natural, e as ofertas específicas para nenos e nenas, coma o “Palacio de los niños” en Oviedo, ou o Acuario de Xixón.

Os montes: Unha das xoias de Asturias son os seus espazos naturais e, nomeadamente, os montes. Na súa variedade, entre a que destaca o Parque Nacional dos Picos de Europa, conta con moitas opcións de diferente dificultade e duración. Dúas das rutas máis percorridas de España atópanse aquí: a Ruta do Cares, nos Picos de Europa; e a Ruta do Alba, no parque natural de Redes.

E moito máis: É imposible facer unha selección, pero rematamos con tres opcións máis: Temos que mencionar a costa, con praias espectaculares, pobos coma Cudillero, Lastres, Rivadesella ou Llanes (cos seus famosos bufóns); pensando na accesibilidade, aconsellamos tamén a Senda do Oso, antiga vía verde, que empeza en Proaza (moi preto de Oviedo), onde é posible pasear con carriños de bebés, e contemplar aos osos pardos no momento de darlles a comida; ou o Museo del Jurásico (Muja), en Colunga, son exemplos da variedade de opcións para disfrutar de Asturias en familia.

Máis información:

Turismo de Asturias: Web oficial de turismo do Principado

Libro: Excursiones con niños por Asturias, de Juanjo Alonso. Aguilar, 2008.

Web: Selección de roteiros de sendeirismo.

castellano | galego

Fundación Meniños | 902 220 707