
4 ATENCIÓN!! Os
xogadores terán
dúas categorías de xogo. Se tirades o dado e sae
un número impar (1-3-5), a categoría chámase "en
familia";
se sae par
(2-4-6), chámase "en solitario". Isto faise así para darnos conta
que facer as cousas "en familia" é diferente a facelas "en solitario".
Isto non quere dicir que o que xogue "en familia" teña
que ter con
el a máis persoas; e tampouco que, se son varios os que moven unha ficha,
que non poidan facelo na categoría "en solitario". Se non entendes ben
esta norma, pídelle a alguén que cha explique antes de empezar, é moi
importante.