En que consiste:
“Axúdanos a mellorar o mundo de Milu” é unha proposta educativa para primaria que utiliza a historia de Milu e esta Web, co obxectivo de elaborar propostas para “mellorar o mundo de Milu”, en dúas dimensións:
Material educativo
A proposta conta co seguinte material educativo: a carpeta para educadores/as, coas indicacións precisas para a súa aplicación na aula; e para os nenos e nenas, un tríptico coas seis actividades.
descarga o material educativo
Resultados
Nesta proposta participaron un total de 10.502 nenos e nenas, pertencentes a 151 colexios, e co apoio de 526 educadores e educadoras. Rematou cun concurso, no que participaron 46 colexios; elaboramos un libriño que recolle unha selección das achegas recibidas.


