cabeceira da parte de educadores web da fundacion meniņos
inicio | presentación | as nosas propostas educativas | noticias | publicacións e enlaces | buzón de suxestións | contacto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En que consiste:

Baixo o título " Axúdanos a mellorar o Mundo de Milu", presentámosvos unha nova proposta educativa para primaria, centrada en 3 eixos:

1. Continuidade
das liñas temáticas e metodolóxicas das propostas e materiaris elaboradas por Meniños en anos anteriores, fundamentalmente "Facendo Familias", e "Conta cos teus".

2. Optimización e difusión destes materiais e, nomeadamente, desta Web.

3. Recollida de Propostas
para "mellorar o mundo de Milu", en dúas dimensións:
a). Propostas de mellora desta Web, para facela máis útil e atraínte, tanto para os nenos e nenas, coma para os educadores e educadoras.

b). Pero sobre todo, propostas de actuación e de mellora respecto ás situacións
evocadas pola Historia de Milu:
ii. A dos nenos e nenas con situacións persoais e familiares semellantes ou relacionadas (desprotección, non convivencia familiar...).

ii.i. A dos nenos e nenas doutros países do mundo con circunstancias sociais e económicas máis desfavorecidas.

Material Educativo:
A proposta conta co seguinte material educativo: a carpeta para educadores/as, coas indicacións precisas para a súa aplicación na aula e para os nenos e nenas, un tríptico, coas seis actividades.

descarga o material educativo

Se queres participar, traballando a proposta na túa aula, podes solicitar o material da mesma facendo clic aquí.

Concurso:
Axúdanos a mellorar o mundo de Milu rematará o 15 de maio de 2008, Día Internacional da Familia, cun concurso que premiará a TODOS os centros participantes, e que destacará así mesmo as achegas máis orixinais, en función dos diferentes ciclos de educación primaria.
Animádevos a participar, e enviádenos as vosas propostas antes do día 8 de maio.

Axúdanos a mellorar o mundo de Milu é posible grazas ao apoio e patrocinio de moitas entidades que apoian estas iniciativas educativas. Grazas a todas elas!

- Xunta de Galicia-Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Secretaría Xeral do Benestar.
- Xunta de Galicia-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Xunta de Galicia-Dirección Xeral de Cooperación Exterior
- Caixanova
- Deputación Provincial de Pontevedra
- Deputación Provincial de Ourense
- Concellos de Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo.

 

 

 

 

 

Meniños Fundación para a Infancia | 902 220 707
AXÚDANOS A MELLORAR O MUNDO DE MILU
castellano | galego