En que consiste
Eu conto! é a campaña
levada a cabo no ano 2003, en colaboración coa UNICEF, para favorecer
o coñecemento
e reflexión sobre a Convención sobre os Dereitos da Infancia,
aprobada pola ONU no ano 1989, e ratificada pola práctica totalidade
dos países do mundo. A proposta agrupa os dereitos en 12 bloques,
propoñendo unha actividade para cada un deles, e a posta en
práctica dunha elección do dereito que consideran máis
necesitado de protección.
Material educativo
O material educativo no que
se basea a campaña é a guía
para educadores, así coma dous trípticos: un explicativo
da proposta, e outro para a votación entre os nenos do dereito
máis necesitado de protección.
descarga o material educativo
Resultados
Nesta campaña participaron un total
de 4.503 nenos pertencentes a 55 colexios e entidades de tempo libre,
co apoio de 187 educadores. Moitos deles reflectiron as súas
conclusións nos “Libros
Xigantes dos Dereitos”, dos que podedes ver unha mostra nesta web.
Conta cos teus / Axúdanos a mellorar o Mundo de Milu


