A aplicación da proposta educativa Facendo
familias pode
levarse a cabo en base ás indicacións contidas na Guía
para Educadores.
Para o seu desenvolvemento, aconsellamos dedicar un
mínimo de dúas e
un máximo de catro sesións.
Está pensado
para poder aplicarse na aula sen necesidade
dunha adaptación ou preparación especial por parte
dos educadores*, e coa monitorización
destes; contarán co asesoramento do persoal de Meniños para
resolver todas as dúbidas que xurdan no seu desenvolvemento.
Levaranse
a cabo en calquera momento do curso, en función
das posibilidades e preferencias de cada grupo, e no momento
que encaixe mellor para o normal desenvolvemento académico.
Nas páxinas
9 a 13 da Guía,
baixo o título “Guía
para o traballo educativo”, atoparás unha descrición dos obxectivos
e ideas-forza da mesma e, a continuación:
1. Presentación e organización
xeral da proposta:
nas páxinas 9 e 10, ofrecemos unhas pautas para iniciar o
traballo na aula ou grupo, cos puntos fundamentais a
transmitir aos nenos.
2. Actividades: descrición e pautas:
a continuación
(páxinas 10 a 13), centrámonos nas actividades que
conforman a proposta, informando de:
2.1 Fichas das actividades: cada actividade
estará descrita
individualmente, baixo o esquema descrito neste
apartado, e contará cunha
ficha de apoio para fotocopiar e distribuír individualmente
a cada neno. Esta descrición contará co título
da actividade; os temas relacionados (e referencias
aos apartados do caderno de consulta, o Anexo , que conteñen
información sobre estes); a descrición da mesma;
a duración estimada da súa aplicación; as
instrucións concretas para o seu desenvolvemento; aspectos
relevantes a ter en conta; e suxestións para elaborar material
que recolla as conclusións e achegas dos nenos, para a súa
posible incorporación á exposición O xardín.
2.2 Contidos: as actividades poden agruparse
en base a dous bloques principais, correspondentes aos obxectivos da proposta;
e dentro do primeiro, a varias categorías.
Aquí presentamos
un resume dos mesmos.
2.3 Suxestións para a escolla das actividades: a limitación
dos tempos e sesións de traballo que poida ter cada grupo,
fará preciso priorizar e seleccionar algunhas das actividades.
Ofrecemos aquí unhas pautas para esta escolla.
2.4 Propostas concretas para o desenvolvemento: por último, ofrecemos unha proposta concreta de escolla e distribución das actividades, en función das sesións (2 ou 4) e das idades dos nenos.
3. Actividades para o traballo educativo: a segunda parte da Guía (páxinas 17 a 39) contén a descrición individualizada das actividades, para favorecer a súa aplicación. Cada actividade contará cunha ficha de apoio; todas as fichas recóllense na carpeta titulada Fichas das actividades.
* Isto é así para
facilitar a súa aplicación, e diminuír os tempos e
esforzos na preparación por parte dos educadores. Con todo, a adaptación
non só é posible, senón incluso aconsellable, naqueles
casos nos que as características do grupo ou dos seus compoñentes
así o fagan preciso, usando para iso toda a bagaxe de recursos técnicos
dos que dispoñedes os educadores/as no traballo cotiá. Con
todo, aconsellamos a súa
utilización ao redor de datas de especial relevancia, aproveitando
deste xeito para a súa conmemoración: Día do Neno (20/11),
Día da Paz (30/1), Día da Familia (15/5)...
Facendo Familias


