inicio | presentación | as nosas propostas educativas | noticias | publicacións e enlaces | buzón de suxestións | contacto

 

Meniños, Fundación para a Infancia, ten elaborado outros materiais correspondentes ás seguintes propostas e proxectos de carácter educativo e preventivo:

EU CONTO!
É o título da campaña a favor dos dereitos da infancia que levamos a cabo no ano 2003, en colaboración coa UNICEF. Propicia o coñecemento dos dereitos da infancia recollidos na Convención da ONU. Para o seu desenvolvemento, conta co apoio de material didáctico específico.

CONTA COS TEUS!
Campaña levada a cabo no ano 2004, a favor do dereito a vivir en familia, xa que este fora o escollido polos nenos participantes en Eu Conto! coma o máis importante. As actividades revisan o concepto que os nenos teñen da familia, propiciando coñecemento e reflexión sobre os elementos constituíntes da familia, os modelos familiares, e a situación dos nenos que non teñen cuberto ese dereito, mediante a HISTORIA DE MILU.

AXÚDANOS A MELLORAR O MUNDO DE MILU
Desenvolveuse en Galicia no curso 07/08. Por medio dun material centrado na historia de Milu e nesta Web, os nenos e nenas traballaron na busca de solucións para “mellorar o mundo de Milu”. Rematou cun concurso que recolleu as súas achegas neste eido, e coa publicación dun libriño cunha selección das mesmas.

imaxe de eu conto
Fundación Meniños | 902 220 707
imaxe do material de Conta cos teus
OUTRAS PROPOSTAS EDUCATIVAS
castellano | galego