O proxecto Cando o semáforo está en ámbar ofrece unha serie de servizos e actuacións, que son fundamentalmente:
- A información contida no caderno “Cando o semáforo está en ámbar”: Material para o persoal dos centros que queira ampliar, complementar ou reafirmar as estratexias e coñecementos propios con outras ideas e conceptos.
- Accións formativas a desenvolver nos centros educativos.
- Un servizo de asesoramento para facilitar a abordaxe de situacións concretas que afecten a nenos e nenas da escola.
- Un servizo de terapia familiar ofrecido a algunhas familias que pasen por situacións máis complexas e que afectan ao neno ou nena.