inicio | presentación | propostas educativas | descarga de materiais | noticias | publicacións e enlaces | ocio | buzón | contacto

 

Cando o semáforo está en ámbar. A escola, axente na promoción do bo trato á infancia.
Este proxecto diríxese á escola, como axente fundamental na promoción do bo trato á infancia no medio familiar.
En Meniños entendemos que nunca se lle pediu tanto á escola como agora: dende a función estritamente académica, ata moitas outras que tradicionalmente ficaban no eido da familia ou doutras institucións. E todo isto, sen chegar a facilitar de xeito satisfactorio a autoridade e recursos precisos para poder levalas a cabo.
Meniños, como entidade que traballa no eido da infancia en situacións de dificultade social (e aquí incluímos as desatencións, malos tratos, etc), é consciente de que a escola é un marco privilexiado na detección e atención temperá aos nenos e nenas cuxas necesidades non están ben atendidas no marco da familia.
É por iso que queremos ofrecer un proxecto que facilite o coñecemento e abordaxe destas situacións.
Combina aspectos de sensibilización e prevención primaria, con servizos centrados no asesoramento para a resolución de situacións concretas antes dun posible agravamento (prevención secundaria), e mesmo de intervención directa coas nenas e nenos e as súas familias (na liña de parentalidade positiva).
Ofértase aos centros educativos de Infantil e Primaria das provincias de A Coruña e Lugo, principalmente  a través dos Departamentos de Orientación.

Para consultar os servizos e actuacións deste proxecto, preme aquí

 

Fundación Meniños | 902 220 707
CANDO O SEMÁFORO ESTÁ EN ÁMBAR
castellano | galego