inicio | presentación | propostas educativas | descarga de materiais | noticias | publicacións e enlaces | ocio | buzón | contacto

 

Un dos obxectivos de Meniños é favorecer a promoción dunha cultura dos dereitos e do bo trato á infancia na nosa sociedade, mediante accións de carácter educativo e preventivo no medio escolar ou do tempo libre.

En coherencia coa misión xeral de Meniños, focalizamos a nosa atención no dereito a vivir en familia, a partir da visión e opinión das propias nenas e nenos.

Deste xeito, ao longo destes anos temos elaborado diferentes propostas educativas para facilitar o traballo destes temas nas aulas ou entidades de tempo libre. Dirixímolas ás idades da Educación Infantil e Primaria (3 a 12 años).

En MUNDO DE MILU poderás informarte de todo o relacionado con estas propostas, que agrupamos en tres bloques:

1. A proposta educativa, Facendo Familias": Para favorecer o protagonismo e participación da infancia na súa familia e da súa sociedade. Materiais para Educación Infantil (Galicia) e Primaria (Asturias, Galicia e Madrid).

2. O proxecto “Cando o semáforo está en ámbar”: Dirixido a profesionais do ensino. Materiais e servizos para apoiar a atención daquelas situacións que nos fan dubidar sobre a adecuada atención ás necesidades dos nenos e nenas nas súas familias, por circunstancias puntuais ou máis duradeiras. En Galicia (provincias de A Coruña e Lugo).

3. Outras propostas e proxectos de Meniños, traballadas en cursos anteriores en Galicia, pero con plena vixencia nos seus contidos e interese: “Eu conto!”, “Conta cos teus!”, “Cando o semáforo está en ámbar”, e "Axúdanos a mellorar o Mundo de Milu".

imaxe interior dun dos cadernos
Fundación Meniños | 902 220 707
Imaxe da campaña Facendo Familias
castellano | galego