Gas Galicia renova a súa colaboración con Meniños
O pasado venres 28 de marzo celebrouse
un Acto Público na nosa Sede
Central (A Coruña) que contou con a presenza do Director de Gas Galicia, Juan José
Picón, e da Directora Xeral de
Meniños, Mónica Permuy.
Durante este acto, celebrado ante os
medios de comunicación locais, tivo lugar
a sinatura do convenio de colaboración
entre ambas entidades.
Esta empresa colabora con Meniños
dende 2006, cando o Grupo Gas Natural,
ao que pertenece Gas Galicia,
realizou un importante donativo para o
Servizo de Reunificación Familiar (dentro
do programa de Integración).
Nesta ocasión a aportación é de
5.000 euros, que se entregan, ao igual
que en 2007, en forma de doazón e
con carácter non finalista. Isto posibilitará
á nosa oenegé empregar os fondos
naqueles programas ou proxectos que
precisen unha especial atención.
Meniños e Gas Galicia estudian poñer en marcha novas fórmulas de colaboración para o futuro inmediato.
|