inicio cabecera

colabora
Mundo de Milu
adopciones
acogimientos colabora campaña campaña acogimientos

 

 

 

 






 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS E EVENTOS  

 

 

Un simple xesto para ser solidario

A Plataforma de ONG de Acción Social, a Plataforma de Voluntariado de España, e a Plataforma de Organizaciones de Infancia, na que está integrada Meniños, únense por primeira vez para impulsar de forma conxunta unha campaña de sensibilización titulada “Así podemos facer máis”, que invita aos contribuíntes a marcar a casiña “Fins Sociais” e destinar así o 0,7 da súa cota íntegra a programas de entidades sen ánimo de lucro.

Ao realizar a declaración da renda, existe a opción persoal de elixir entre:

1. marcar o recadro “fins sociais”: o 0,7% destinarase á realización de programas que desenvolven as ONG no ámbito da acción social e a cooperación.
2. marcar a casiña da Igrexa: o 0,7% irá ao seu sostemento.
3. marcar ambas casiñas: o 1,40% da cota irá a ambos fins (0,7% a cada un dos anteriores).
4. non marcar ningunha opción, nese caso Facenda quedará co 1,40% da cota para destinalo a outros fins do Estado.

Todas estas opcións están no Programa PADRE.

"Mediante o simple xesto de marcar o recadro “fins sociais”, sen custo algún para o contribuínte, axúdase a mellorar a vida de cinco millóns de cidadáns: persoas maiores, con discapacidade, infancia, mulleres, migrantes, persoas con drogodependencia, etc. Cinco millóns aos que hai que sumar outros 17 millóns que participan nos programas de sensibilización e voluntariado e todo, grazas á solidariedade dos cidadáns", explican as plataformas promotoras da campaña.
En só catro anos, o número de contribuíntes solidarios creceu case nun millón de persoas e, grazas a eles, 340 entidades executan cada ano case 900 programas sociais.

O Estado absorbeu “300 millóns de euros” da última Declaración da Renda polas casiñas en branco. “O 32,81% dos contribuíntes non marcou ningunha das opcións, polo que o diñeiro non foi ás organizacións non gobernamentais nin á Igrexa católica”, denuncia o presidente da Plataforma de ONG de Acción Social, Juan Lara Crevillén.

Podes atopar máis información na web institucional da campaña: www.marcafinessociales.org.

 
Auditoría

plan estratexico



Axúdanos a Mellorar

Tarxeta Solidaria