inicio cabecera

colabora
Mundo de Milu
adopciones
acogimientos colabora campaña campaña acogimientos

 

 

 

 






 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS E EVENTOS  

 

 

Meniños participa activamente no XVI Congreso Mundial da IFTA

Asociación Internacional de Terapia Familiar (IFTA) celebrou o seu XVI Congreso Mundial na cidade de Oporto, entre os días 26 a 29 de marzo.
Nesta ocasión, abordábase a situación actual da terapia familiar baixo o título “Transformación e Globalizacións: a terapia familiar no século XXI”.

Por parte de Meniños asistiu a delegada de Ourense, Ana Sieiro, que participou en diferentes talleres e acudiu a numerosas ponencias. Ana estivo presente nunha xuntanza na que coincidiu coa presidenta da Asociación Europea de Terapia Familiar e presidentes e presidentas de federacións como a estadounidense, a brasileira, a mexicana,
a grega ou a portuguesa, entre outras. Na reunión traballaron na procura duns criterios mínimos para a homologación internacional do terapeuta familiar.
Ademais, aproveitaron a ocasión para compartir
experiencias e para expoñer a realidade que se viveen cada país. A delegada de Meniños foi a única en representación de España. Da reunión saíu o firme propósito de constituír un grupo de traballo que continúe co labor iniciado neste primeiro encontro.

Por outra parte, Valentín Escudero, membro do
noso padroado, realizou a comunicación de apertura do Congreso.

A IFTA traballa cun espírito de colaboración con
outros profesionais e organizacións que comparten a súa misión en todo o mundo. Tamén promove continuar coa educación para os profesionais en terapia familiar no desenvolvemento de estándares
de calidade internacional para terapeutas familiares e de parella, de xeito que eles poidan atender mellor ás familias na comunidade na que eles prestan servizo.

 
Auditoría

plan estratexico



Axúdanos a Mellorar

Tarxeta Solidaria