|
|
Adolescentes e Familias en Conflito. Manual de Tratamento
Despois dun longo e intenso traballo en colaboración coa Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, construímos unha guía de atención terapéutica a adolescentes e familias en conflito, que agora publicamos.
“Adolescentes y Familias en Conflicto: Manual de tratamiento”, recolle o resultado desta colaboración, que inclúe a análise conxunta de casos e terapias de grupo, así como a discusión dos principios fundamentais do tratamento.
El manual foi deseñado cunha dobre finalidade:
- constituír un protocolo axeitado para a intervención con adolescentes e familias en conflito, que permite incorporar prácticas de tratamento eficaces, acoplables a calquera contexto ou estilo de traballo.
- servir de ferramenta para a formación de profesionais que van traballar nesta problemática (Fundación Meniños conta ademais cun plan de formación externa dirixido á formación de profesionais do ámbito da protección á infancia e á intervención con familias, a través do cal ofrecemos formación especializada neste modelo de intervención).
Podes descargar o manual completo aquí.
|
|
|
|