![]() |
![]() |
|
|
NOVAS E EVENTOS |
|
|||||||||
|
|
Exposición Itinerante " Algo grande dende os máis pequenos" Baixo este título presentamos unha exposición que recolle unha información básica sobre os aspectos desenvolvidos nas propostas educativas que Meniños leva a cabo dende o 2003, ilustradas cunha mostra dos traballos achegados polos nenos e nenas participantes coas súas ideas e propostas. Esta exposición complementa o traballo educativo nas diferentes localidades nas que se realizou. Os seus elementos constitúen os soportes estables básicos para a mostra, que será en todo caso complementada cos traballos que, nese curso, realicen os nenos e nenas de ditas localidades. Así mesmo, conta con espazos destinados a recoller in situ as súas achegas, en forma de debuxos, escritos, etc. A exposición inaugurouse en Santiago de Compostela o 20 de novembro, no Museo Pedagóxico de Galicia, e está percorrendo diversos Concellos galegos durante o curso 06/07. Entre o 16 e o 25 de maio poderá visitarse en Ourense, e do 28 de maio ao 3 de xuño estará en Coruña.
|
![]() |
|||||||||