
|
NOVAS E EVENTOS |
|
|||||||||
|
|
Concurso de debuxos e relatos sobre o acollemento familiar. Co obxectivo de que os nenos e nenas se acheguen ás necesidades da infancia que se atopa en situación de risco e fomentar así a súa sensibilidade cara outras realidades familiares, Meniños, xunto coa Fundación Alimerka e a empresa Cartonajes Vir, organizou un concurso infantil de debuxos e relatos. O concurso dirixiuse a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, que presentaron debuxos e relatos que ilustraban o que significaba para eles o acollemento familiar. Unha mostra destes traballos pode verse na Casa de Cultura de Lugones (R/Leopoldo Lugones, 12. Lugones-Siero) ata o 29 de abril, de luns a venres, en horario de 16.30 a 19.30h. Máis información sobre o acollemento familiar (PDF) .
|
|
|||||||||