
|
NOVAS E EVENTOS |
|
|||||||||
|
|
Meniños participou en Espazo Solidario Esta actividade desenvolveuse o pasado sábado 27 de febreiro no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco). Espazo Solidario, Enrédate co Tecido Solidario de A Coruña, iniciativa da Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello de A Coruña, tiña por obxectivo por en valor e promocionar as entidades de acción voluntaria que traballamos na Coruña, achegando á sociedade ao voluntariado. A actividade contou con máis de 50 stands de entidades de acción voluntaria e institucións, un dos cales correspondeu a Meniños. No mesmo, ademais de distribuírse información sobre a nosa entidade e os programas que levamos a cabo, os máis pequenos e pequenas tiveron a oportunidade de coñecer o noso portal educativo www.mundodemilu.org e participar nos seus xogos on-line. Durante a xornada os asistentes puideron participar en diferentes actividades lúdicas e formativas para todos os públicos, que incluíron
actuacións musicais e teatrais, proxección de documentais, actividades lúdicas e educativas para os máis pequenos, degustación de produtos de comercio xusto, exposicións, obradoiros ... |
|
|||||||||