inicioÚnete a Meniños
   
QUIENES SOMOS
QUE HACEMOS
DONDE ESTAMOS
COMO COLABORAR
FINANCIADORES Y COLABORADORES
ENLACES DE INTERES

colabora
Mundo de Milu
adopciones
acogimientos colabora campaña campaña acogimientos
O servizo de Intervención Familiar en Galicia préstase baixo
os controis establecidos por un Sistema de Xestión de Calidade aprobado por Buerau Veritas Certification conforme con ISO 9001. Certificado Bureau Veritas Certification ESO18165.

 

 






 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS E EVENTOS

 

 

Meniños presenta o Estudio "Evaluación de Resultados en el Programa de Integración Familiar"

O pasado 18 de novembro, no marco dos actos de conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia, Fundación Meniños celebrou no Centro de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela o acto público de presentación do Estudio “Evaluación de Resultados en el Programa de Integración Familiar”.
Este evento contou coa presenza destacada da Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato.
Ao acto acudiron ademais representantes dos equipos de protección de menores da Xunta de Galicia, dos centros de protección da nosa Comunidade, e de diversas entidades relacionadas coa Infancia e o 3º sector.

Durante a Presentación Valentín Escudero, Presidente, e Mónica Permuy, Directora Xeral de Meniños, deron a coñecer o Estudio e os principais resultados e conclusións do mesmo.
Este Estudio realiza unha avaliación retrospectiva dos resultados obtidos no Programa de Integración Familiar (PIF), que se leva a cabo en Galicia. Para a súa elaboración tomouse unha mostra inicial de 697 nenos, nenas e adolescentes do programa. Destes entrevistouse a 111, cos que finalizou a intervención entre 1993 e 2004, e permaneceron coa súa familia de orixe.
Constatouse que ao final da intervención, o 42% dos menores formaba parte dunha familia protectora.
Mónica Permuy destacou tamén que no seguimento realizado a estes 111 nenos e nenas, o 83% continúa actualmente estando nunha situación de protección dentro da familia biolóxica, o que indica unha estabilidade moi alta da situación propiciada polo programa.

Pola súa banda a Beatriz Mato louvou o traballo levado a cabo por Fundación Meniños, e subliñou a importancia da colaboración entre todos os elementos que forman parte do Sistema de Protección de Menores.

Accede ao estudio de evaluación de resultados en el programa de integración familiar (PDF)

 

 

Auditoría

plan estratexico



Facendo Familias

Tarxeta Solidaria