inicio cabecera

colabora
campaña
adopciones
acogimientos colabora campaña campaña acogimientos

 

 

 

 






 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS E EVENTOS  

 

 

Ilustre Nadal con Antonio Fernández Coca

Un ano máis, e xa van 5, o xenial ilustrador Antonio Fernández Coca cede os seus mellores deseños para dar vida ao Christmas 2006 e ao Calendario de 2007 da Fundación.

O estilo de Fernández Coca destaca pola súa frescura, a súa orixinalidade e o seu atractivo. A súa obra está impregnada dun forte colorido no que as formas van máis aló de modas pasaxeiras ou de tendencias concretas.

As súas ilustracións son publicadas polas máis prestixiosas edicións impresas como El País, El Mundo, Visual, e editoriais como Inforbook´s, RBA ou Anaya, entre outras.

Fernández Coca, natural de Xerez, é ademais escritor e profesor doutor na Universitat de Les Illes Balears. A súa estreita colaboración con Meniños iniciouse no 2002 e, dende entón, ten sido o artífice dos calendarios que a nosa Fundación edita cada ano. En 2005, e agora en 2006, foi o creador das postais de Nadal. En total xa son 12 os debuxos cedidos polo xerezano.

Cada ano que transcorre, as ilustracións de Coca espertan maior expectación e admiración e, no momento actual, xa se converteron en todo un clásico chegadas estas datas. As súas inxentes achegas permitirannos decorar de modo maxistral a nova Sede de A Coruña.

Enlaces:
www.fernandezcoca.com
www.loldibus.com

 

 

 

Christmas 2006

Debuxos Coca:
Calendario 07-1
Calendario 07-2
Postal 06

 
campaña

Deloitte

plan estratexico

Lealtad

socios