|
|
A O. S. Caja Madrid apoia o Servicio de Mediación Familiar
O pasado mes de maio asinouse un convenio entre Meniños e a Obra Social de Caixa Madrid, co obxecto de desenvolver o Servizo de Mediación Familiar en Acogimientos Especiales y Temporales. Este servicio complementa ao Programa de Acogimiento Temporal de Menores e o de Acogimientos y Adopciones Especiales, que Meniños executa en convenio co Instituto Madrileño del Menor y la Familia da Comunidad de Madrid.
Mediante este servizo apóiase ás familias de orixe dos menores en acollemento para que consigan superar as dificultades que orixinaron a separación temporal, e que os nenos, nenas e adolescentes poidan regresar en condicións plenas de seguridade e afecto. Ademais, fórmase e acompáñase a familias dispostas a acoller temporalmente a nenos, nenas e adolescentes como alternativa ao internamento en centros de protección de menores.
O Servizo de Mediación entre as familias de orixe e as familias acolledoras pretende garantir a protección, seguridade e afecto dos nenos nun ambiente de convivencia familiar, e xerar nas familias biolóxicas unha situación persoal, familiar e social que posibilite o retorno do neno.
|
|
|
|