|
|
Meniños recibe o premio Corresponsables
A proposta educativa “Haciendo Familias” resultou galardoada na categoría Entidades non Lucrativas da segunda edición dos premios Corresponsables.
"Haciendo Familias", é unha proposta para o fomento da participación da infancia na construción da súa familia e da súa sociedade, que desenvolvemos en centros de Educación Infantil e Primaria.
O acto de entrega destes premios celebrouse o pasado 3 de novembro no Espacio ESADEFORUM de Barcelona. O premio foi recollido pola Directora de Meniños, Mónica Permuy, e a gala foi presentata pola Vicepresidenta del Govern de la Generalitat de Catalunya, Joana Ortega.
Nesta segunda convocatoria, a Fundación Corresponsables recibiu 379 candidaturas nas categorías de gran empresa, entidade sen ánimo de lucro, pyme, administración ou entidade pública e entidades non lucrativas. Finalmente fomos 15 as iniciativas de Responsabilidade Social e Sosteñibilidade recoñecidas co premio.
|
|
|
|