
|
NOVAS E EVENTOS |
|
|||||||||
|
|
Propostas Educativas para 2009 No curso escolar 09/10, Meniños continúa traballando a súa proposta educativa Facendo familias, co obxectivo de promover a participación e protagonismo dos nenos e nenas no seu medio familiar e social: En Galicia, continuaremos incidindo na Educación Infantil, tras o éxito acadado no pasado curso (coa participación de máis de 10.000 nenos e nenas), complementando o traballo da proposta cunha actividade complementaria: a posibilidade de participar nun concurso que recolla as achegas dos nenos e nenas tras o traballo da proposta. En Madrid e Asturias, continuaremos na Educación Primaria, reeditando para iso o material didáctico. Podedes coñecer e descargar o material nesta Web, ou poñervos en contacto con nós para solicitar exemplares editados do mesmo, aclaracións, etc, en calquera dos nosos teléfonos e sedes (aconsellamos os correos electrónicos proxectos.educativos@meninos.org, proyectos.educativos.madrid@meninos.org e proyectos.educativos.asturias@meninos.org). Tamén queremos animar á participación voluntaria no proxecto. Se algunha persoa quere colaborar nestas actividades, pode poñerse en contacto con nós nos anteriores correos electrónicos.
|
||||||||||