
|
NOVAS E EVENTOS |
|
|||||||||
|
|
Participamos na V Maratón do Miño O Maratón do Miño é unha proba deportiva na que se misturan deporte e diversión, organizada pola Fundación CEO para o Desenvolvemento Empresarial de Ourense. Os gañadores da proba individual foron o atleta marroquí afincado en Ourense Hassan Lekhili (Ourense Atletismo Academia Postal) e Pilar Mahamud (Equipo Puerto, Alicante). Meniños contou cun espazo no punto de chegada da maratón (Ponte Romana) para dar a coñecer o labor da nosa entidade, que contou cun obradoiro de pintura de caras dinamizado pola Academia Llongueras.
|
|
|||||||||