|
|
"Algo grande dende os máis pequenos"
en Ferrol
A Fundación presentou co Concello de Ferrol a exposición sobre os dereitos da infancia e o dereito a vivir en familia:
“Algo grande dende os máis pequenos”.
A mostra expúxose entre os días 1 e 5 de
febreiro, en horario de 10:30 a 13:30 h., e de 17.00 a 20:00 h. (excepto a mañá do luns).
Esta exposición recollía unha información básica sobre diferentes aspectos desenvolvidos por Meniños en relación aos dereitos da infancia e o dereito a vivir en familia, mediante propostas educativas levadas a cabo nos colexios.
Contou tamén cunha mostra dos traballos achegados polos nenos e nenas participantes coas súas ideas e propostas.
Este evento pechou o proxecto “Facendo Familias”, desenvolvido por Meniños e o Concello de Ferrol durante o curso 08/09. Mediante este Proxecto, ofreceuse a todos os centros educativos do municipio un material
didáctico para Educación Infantil e Primaria, co obxectivo de fomentar a
participación e protagonismo da infancia na construción dun ambiente
familiar positivo.
A esta proposta sumáronse, ao longo do curso, 9 centros educativos do Concello, coa participación de máis de 600 nenos e nenas e o apoio de 30 profesores e profesoras.
A pretensión desta exposición foi tamén complementar e dinamizar o traballo
educativo realizado nas aulas, polo que contou con traballos que, nese curso, realizaron os nenos e nenas. Así mesmo, habitáronse espazos nos que se recolleron in situ as súas achegas, en forma de debuxos, escritos, etc.
|
|
|
|