|
Algúns nenos, nenas e adolescentes en disposición de ser acollidos ou adoptados, dificilmente atoparán unha familia acolledora ou adoptiva por diversos motivos: porque teñen máis de 8 anos, porque son varios irmáns, porque padecen algunha enfermidade ou discapacidade, ou porque pertencen a minorías étnico-culturais.
Meniños realiza campañas de procura de familias acolledoras; informa ás familias interesadas en acoller ou adoptar a estes nenos, nenas e adolescentes; leva a cabo sesións de preparación, apoio, orientación; e acompaña durante todo o proceso á familia.
Destinatarios
Nenos, nenas e adolescentes que se atopan residindo en centros e que están en disposición de ser acollidos e/ou adoptados, pero que teñen maior dificultade para encontrar unha familia debido ás características antes mencionadas.
Familias que, previa realización do correspondente informe de idoneidade, se atopan en disposición de acoller e/ou adoptar aos nenos/as destinatarios de este programa.
Localización territorial
Comunidade Autónoma de Madrid e Principado de Asturias
Programa
- Comunidade de Madrid. Instituto Madrileño do Menor e a Familia e Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Conveniado con Meniños dende 1999.
- Principado de Asturias. Instituto Asturiano de Atención á Infancia, Familia e Adolescencia. Conveniado con Meniños dende 2000.
Campaña se buscan abrazos
Buzón de suxestións
|