Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.
Dende 1996, esforzámonos para que cada un dos nenos e nenas que viven en situación de dificultade social poidan exercer o seu dereito a crecer nunha familia.
O equipo humano e voluntario de Meniños desenvolve programas de prevención e intervención nas sedes de Galicia, Asturias e Madrid.
Grazas ao apoio de moitas persoas, familias, institucións e empresas, o equipo de voluntarios e profesionais de Meniños pómonos como obxectivo conseguir que cada neno e nena atope o afecto e a seguridade que só lle pode proporcionar unha contorna familiar.
señas
de identidade | memoria
2010 |