|
|
señas
de identidade
Promovemos os dereitos da infancia, ofrecendo servizos de calidade contrastada para os nenos e nenas en situación de dificultade social; creando e difundindo coñecemento sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades, para garantir o seu benestar e o seu desenvolvemento integral.
valores
Compromiso cos dereitos do neno e a nena: no marco da Convención de Dereitos do Neno.
O superior interese do menor: potenciando o seu protagonismo e participación como suxeito activo de dereitos.
O ambiente familiar como referente estable e plural de seguridade e afecto: priorizando o apoio á integración nas familias de orixe.
Educación e capacidade de cambio nas persoas: desde unha actitude de empatía e respecto.
Calidade e mellora continua: coa especialización e a profesionalidade en todas as actuacións.
Innovación e creatividade: con atención permanente aos cambios sociais e ás novas necesidades xeradas.
Coidado ás persoas: potenciando o traballo en equipo, a cohesión e o bo clima nas relacións.
Transparencia e independencia: en todas e cada unha das actuacións desenvolvidas.
Compromiso social: propiciando a corresponsabilidade social e a participación activa no coñecemento e defensa da infancia.
|
|
|
|